Casa Vella, en galego

Unha vella casa

que quedou esquecida no campo,

unha plantación de rosas

murchas pola falta de cariño,

a vella estrada da ribeira

que nos alegraba cando mozos,

e unha vaga lembranza do que fomos nós.

Que fixemos do verso ó pé da porta?

Dos luar que contemplamos

nas noites infinitas?

Foi-se todo, veu o nada?

Cando quixo te buscar

xa te tiñas ido,

cando te esperei,

o tempo me envelleceu.

Miñas mans xa non tecen

a roupa que nos gardaban do frío,

meu corpo murcho

xunto coas roseiras

outrora tan fermosas, outrora tan vivas.

A miña vista xa non mira o horizonte

por onde saiste un día ...

Que quere a miña alma en lembrarse de ti?

Fomos xuntos un verso infindo,

un intento de novela,

que o tempo levou

que a vida findou!